26/5/08

Reflexións repousadas


Despois de varios días desde a finalización do curso poderiamos facer algunhas reflexións sobre os contidos tratados. Coido que podería ser un bo momento. A ver que vos parece:
O reto consiste en facer un comentario nesta entrada. Un comentario que inclúa unha reflexión sobre a lectura, a escrita e as diferentes ópticas que temos analizado acerca dos procesos de ensino e de aprendizaxe de ditas capacidades.
Seguro que cadaquén tirou diferentes apreciacións. De certo que a cada un de vós, a cada unha, teranlle chamado a atención certas propostas, certas ideas máis que outras.
Interesanme, sobre todo, os cabos dos que poidamos tirar. Pregúntome polas repercusións que terá a nosa actividade na vosa práctica de aquí en adiante.
Quero saber, en fin, das vosas reflexións -non tanto sobre a actividade- que xa sei algunhas, como da temática que tratamos, coa vista posta en futuras propostas, en futuras colaboracións e vindeiras posibilidades.
Agardo polos vosos comentarios.

15/5/08

Claves para gañar lectoras e lectores

Onte foi unha sesión, para quen esto escribe, de moito interese. Agardo que fose tamén grata para o resto dos participantes. Grazas a todas e todos. Como a segunda parte foi un pouco ás presas... poño aquí o esquema que seguimos... e animo a facer comentarios sobre o tratado... para avanzar entre todos.



Presentación correspondente á sesión do 14/05/08 no curso "Ler e escribir. Escribir para ler", celebrado en Pontevedra.


SlideShare Link


7/5/08

Sobre "itinerarios lectores"


Uns dos instrumentos dos que nos podemos valer para traballar a competencia lectora e a competencia literaria do alumnado, e que constitúen un dos aspectos a coidar no deseño e desenvolvemento do Proxecto Lector de Centro, son os itinerarios lectores:
Ao meu entender, estas serían as súas claves:
  • Son seleccións de títulos axeitados para cada nivel de idade, escollidos con criterios de calidade e en función de obxectivos recollidos no Proxecto Lector de Centro.
  • O itinerario lector debe favorecer a adquisición da competencia lectora do alumnado.
  • Son os libros “que non queremos que se perda o noso alumnado”.
  • O listado debe ser aberto e flexible, revisable, para acoller novidades de interese e lecturas “xeracionais” , ao tempo que retirar títulos que non funcionan.

Libros e películas sobre libros e lectura

Supoño que lembrades unha proposta que fixemos na sesión do día 7 de abril; aparte dos dous títulos que se propuxeron para ler e comentar... quedaramos en facer unha relación de títulos (valen libros e películas) que tratan dalgunha forma o tema dos libros e a lectura. Sería bo ir facendo achegas entre todos... Velái van algunhas:

- EL lector. Bernhard Schilink (Edit. Anagrama. Bacharelato, adultos)
- Corazón de tinta. Cornelia Funke. (Edit. Siruela. Lectores autónomos)

- Un león en la biblioteca. Michele Knudsen. (Edit. Ekaré. Primeiros lectores)