7/5/08

Sobre "itinerarios lectores"


Uns dos instrumentos dos que nos podemos valer para traballar a competencia lectora e a competencia literaria do alumnado, e que constitúen un dos aspectos a coidar no deseño e desenvolvemento do Proxecto Lector de Centro, son os itinerarios lectores:
Ao meu entender, estas serían as súas claves:
  • Son seleccións de títulos axeitados para cada nivel de idade, escollidos con criterios de calidade e en función de obxectivos recollidos no Proxecto Lector de Centro.
  • O itinerario lector debe favorecer a adquisición da competencia lectora do alumnado.
  • Son os libros “que non queremos que se perda o noso alumnado”.
  • O listado debe ser aberto e flexible, revisable, para acoller novidades de interese e lecturas “xeracionais” , ao tempo que retirar títulos que non funcionan.

2 comentarios:

javier pintor dijo...

Penso que estamos a falar dun instrumento excelente para espertar o interese e a curiosidade pola lectura e para conseguir que esta se converta nunha fonte privilexiada de diversión, formación e información para os nosos alumnos. Deixo agora un texto de Graciela Montes con moitos matices que penso que pode propiciar un debate interesante, en sobre o ensino da lectura na escola: " no se trata de que la escuela “dé de leer”, como si la literatura fuese un alimento o una medicina, un bien-propiedad de unos (los sabios, los lectores avezados...) otorgado como don a los otros (los niños, los ignorantes...) “se trata de ayudar a construir lectores, sujetos activos, curiosos, capaces de ponerse al margen y vérselas a su manera con un texto, se trata de una habilitación para la experiencia".

bibliotecadocole dijo...

Non coñecía ese texto de Graciela Montes, gústame por ser unha visión moi constructivista da lectura,..e os ventos tiran por ahí,..

Isa