26/5/08

Reflexións repousadas


Despois de varios días desde a finalización do curso poderiamos facer algunhas reflexións sobre os contidos tratados. Coido que podería ser un bo momento. A ver que vos parece:
O reto consiste en facer un comentario nesta entrada. Un comentario que inclúa unha reflexión sobre a lectura, a escrita e as diferentes ópticas que temos analizado acerca dos procesos de ensino e de aprendizaxe de ditas capacidades.
Seguro que cadaquén tirou diferentes apreciacións. De certo que a cada un de vós, a cada unha, teranlle chamado a atención certas propostas, certas ideas máis que outras.
Interesanme, sobre todo, os cabos dos que poidamos tirar. Pregúntome polas repercusións que terá a nosa actividade na vosa práctica de aquí en adiante.
Quero saber, en fin, das vosas reflexións -non tanto sobre a actividade- que xa sei algunhas, como da temática que tratamos, coa vista posta en futuras propostas, en futuras colaboracións e vindeiras posibilidades.
Agardo polos vosos comentarios.

4 comentarios:

isa dijo...

Penso que ao pasar á etapa de primaria aos nenos habería que deixarlles un espazo de liberdade para que tomen a palabra e falen do seu, do que saben que ao día seguinte pódelles explicar,sen estudiar, aos seus compañeiros.
Non engado nada novo se digo que a expresión oral é a ferramenta que axuda a entender outras historias e a achegarse comprensivamente á lectura e a escritura. Pero só adulto e o dono da palabra.

Ana dijo...

Aínda que non puiden asistir a todo o curso, paréceme axeitado facer unha breve reflexión final. No meu caso concreto, gustariame empregar unha tipoloxía textual máis amplia e en varios soportes, sobre todo nos primeiros cursos da ESO. Continuar cun tempo fixo para a lectura paréceme fundamental, e tamén empregar o blog da biblioteca para intercambiar información, recomendar obras de lectura...Nalgúns cursos, penso en 2º de Bacharelato, é complicado levar á práctica estas cuestións, pero noutros niveis, por exemplo en Diversificación ou no Obradoiro de comunicación oral, actividades como crear historias a partir de portadas de suplementos culturais que nos chamen a atención pode resultar interesante. Coincido con Isa na importancia da lingua oral.

nelly dijo...

Algo siempre queda...y es que cuando trabajo Lengua en clase con mis alumnos me acuerdo de algo que se dijo en alguna de las clases del cursillo y lo aplico por ver resultados.Pues bien, funciona poque los niños reaccionan positivamente a lo nuevo que se le va introduciendo y lo valoran.He utilizado un poco de todas las técnicas que escuché y nos va bien. Sería necesario pensar en reciclarnos una vez al año con cursillos similares.

fátima dijo...

Realmente este curso fue para mí el más fructífero de cuantos llevo realizado en estos últimos años e hice ya unos cuantos, y eso que yo no imparto clase en Primaria ni en el primer ciclo de ESO. De todas formas no estoy totalmente de acuerdo con que la oralidad es fundamental, es muy importante evidentemente, pero leer y escribir correctamente y comprender lo que se lee es lo primero; pobres sordomudos si no fuera así. Bueno, no se me ocurre nada más; encantadísima de conoceros a todos y hasta otro curso. Fátima