
Despois de varios días desde a finalización do curso poderiamos facer algunhas reflexións sobre os contidos tratados. Coido que podería ser un bo momento. A ver que vos parece:
O reto consiste en facer un comentario nesta entrada. Un comentario que inclúa unha reflexión sobre a lectura, a escrita e as diferentes ópticas que temos analizado acerca dos procesos de ensino e de aprendizaxe de ditas capacidades.
Seguro que cadaquén tirou diferentes apreciacións. De certo que a cada un de vós, a cada unha, teranlle chamado a atención certas propostas, certas ideas máis que outras.
Interesanme, sobre todo, os cabos dos que poidamos tirar. Pregúntome polas repercusións que terá a nosa actividade na vosa práctica de aquí en adiante.
Quero saber, en fin, das vosas reflexións -non tanto sobre a actividade- que xa sei algunhas, como da temática que tratamos, coa vista posta en futuras propostas, en futuras colaboracións e vindeiras posibilidades.
Agardo polos vosos comentarios.
