25/4/08

Falando de amor e libros...

Agustín Fernández Paz é un escritor ben coñecido polo profesorado deste país e, afortunadamente tamén, polos lectores máis novos. Os seus títulos son moitos e as temáticas que trata diversas. As referencias aos libros que lle gustan son moi comúns nas súas obras.
O único que queda é o amor é o seu primeiro libro de relatos "para adultos". En realidade, moitos dos libros de Agustín publicados en coleccións de literatura xuvenil por compromiso do autor con esta literatura, poderían ter sido publicado noutras coleccións "sen calificativos" e seguramente poderían ter tido, tamén, maior difusión. A este pásalle un pouco o mesmo... ¿desde cando un lector, unha lectora, está preparada para ler este libro de relatos sobre o amor e o desamor? Pois depende... todo depende... Estamos falando de literatura... sen máis límites.
O único que queda é o amor é a segunda proposta de lectura que fixemos a este "club de lectura" do curso Ler e escribir. Escribir para ler, especialmente, dous dos relatos deste libro: o primeiro e o último: Un radiante silencio e Un río de palabras, polas relacións destes textos con outro libros e mesmo con propostas claras de fomento da lectura que deles se poden derivar.
Agardamos os comentarios das persoas que se decidisen por esta obra... mentres imos chegando á sesión do día 14 demaio.

18 comentarios:

Rosa dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
dapor dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
A Biblioteca do Colmeiro dijo...

Yo tampoco soy partidaria de las etiquetas en literatura. Me gusta leer desde siempre y sé cuando un libro me aporta algo y cuando no. En este caso, las historias de amor y de desamor que se cuentan en el libro, así como los recuerdos asociados a las vivencias de los personajes me han gustado y me han hecho pensar en mi propia vida. Estoy de acuerdo contigo en que cada uno, en función de sus vivencias y de su madurez, estará o no preparado para leer este tipo de relatos dirigidos,en principio,al público juvenil. La historia da Rosa y de su relación con la literatura así como el interés de su admirador por incrementar su afición a los libros, me han encantado y pienso que podríamos tomar buena nota en las bibliotecas escolares y en las aulas. Este relato me ha recordado a "Días de Reyes Magos" de E.Pascual.

fátima dijo...

¿Por qué Sara no se fijó en el librero en "Un radiante silencio"?
¿Por qué no nos solemos fijar en las personas aparentemente más insignificantes?
El relato que más me gustó fue "Esta estraña lucidez" por el carácter anónimo de los personajes frente a la identidad de Argos, el perro.

Cristina Novoa dijo...

Agora que fas referencia a ese conto, atopo unha certa relación con outro libro que veño de ler hai pouco, "Historia de un puercoespín", dun autor fránces de orixe africana... unha visión dos seres humanos desde un animal, lendas africanas aparte... Uns libros levan a outros libros... tiven a fortuna de coñecer este conto de Agustín hai algún tempo e en principio non me dixera moito (non teño devoción polas historias contadas por animais); cando saiu publicado neste volume, a lectura que fixen foi outra e gustoume moito máis... certamente, este can cóntanos desde a súa visión unha parte da historia diferente á que sería quen de ofrecernos cada un dos protagonistas se tivese ocasión.

Manu dijo...

Eu opino como Ana. Tampouco me gustan as etiquetas en literatura.

Anónimo dijo...

No relato, Un radiante silencio, aparecen, baixo o meu punto de vista, a literatura na que volcamos os nosos sentimentos pero tamén a literatura que se convirte en trampa ao non corresponderse a realidade co que queremos.

Os fragmentos que escolle o bibliotecario son ao final unha trampa para os dous, porque para os dous a ficción está por riba da realidade.

quindimil dijo...

Este libro amósanos parte da vida que ás veces temos oculta, sen decatarnos deixamos pasar certos momentos que logo revivimos anos despois, deixando rexurdir lembranzas que temos nalgún rincon da nosa memoria. Dependendo da personalidade de cada persoa, a lenda destes relatos pode mergullarse na propia persoa e sentirse que forma parte das historias. Persoalmente gustoume moito, eu mergulleime nalgunha historia e deixándome levar, puiden comprender que ao fin, hai que disfrutar cada momento que nos amosa a vida para que logo non pensemos que o único que queda é o amor.

quindimil dijo...

Este libro amósanos parte da vida que ás veces temos oculta, sen decatarnos deixamos pasar certos momentos que logo revivimos anos despois, deixando rexurdir lembranzas que temos nalgún rincon da nosa memoria. Dependendo da personalidade de cada persoa, a lenda destes relatos pode mergullarse na propia persoa e sentirse que forma parte das historias. Persoalmente gustoume moito, eu mergulleime nalgunha historia e deixándome levar, puiden comprender que ao fin, hai que disfrutar cada momento que nos amosa a vida para que logo non pensemos que o único que queda é o amor.

Anónimo dijo...

No cole, deixamos debaixo dos carteles de biblioteca enviados pola Conselleria, fragmentos escaneados de textos tanto de ficción como das outras categorias, tamén co título e autor e referencia, !e funciona!

Anónimo dijo...

Desculpade o meu atrevemento, supoño que non é habitual que se meta nesta conversa o autor dun dos libros que estades a ler. Mais o certo é que hoxe entrei no voso blog, lin todas as entradas e comentarios, especialmente os referidos a "O único que queda é o amor", e pensei que, se cadra, eu tamén podería achegar algo de interese á conversa.
Ben sei que os libros, unha vez publicados, xa son das persoas que os len, e que cada unha os fai seus ao seu xeito. Niso os autores non temos nada que dicir, e é bo que sexa así. Mais tamén é certo que as curiosidades sobre o proceso de creación só as podo contar eu. Coma tal, a importancia das citas de libros e películas presentes nos relatos, e o traballo que me deu seleccionalas, e a mágoa polas que quedaron fóra...
En fin, se algunha das persoas do club se anima a conversar nesta reunión, eu estarei encantado. Ao cabo, xa sei que é un tópico, escribir é un traballo solitario, e os que o facemos precisamos das voces que nos lembran que non estamos sos.

Anónimo dijo...

O capítulo que máis me gustou foi "Un radiante silencio".Que historia tan bonita a partires da apertura dunha libraría,que idea tan magnífica que para Sara se convirtiu nunha feliz rutina.
Estas técnicas, ou parecidas deberíamolas utilizar nos nosos centros e así animar ós cativ@s a lectura.Un xeito orixinal e fermoso de enfrentar ós nen@s a libriños extraordinarios.
Tamén no capítulo "Un río de palabras" xurde unha nova idea de presentar historias en poucas liñas e cos tickets do título e autor, animar a ler e coñecer textos interesantes e tamén contaxiar a outros para que fagan o mesmo.

Pacodíaz dijo...

Nunha ocasión, tramei un plan cos libreiros de Lugo, durante a feira do libro, para inserir varios libros "agasallo" nas casetas para os meus alumnos/as de "Literatura universal contemporánea". Eles contaban cunhas pistas para atopalos e os libros tiñan dentro, na primeira páxina, unha dedicatoria que rezaba: Xa que fuches quen de me atopar, póderasme levar. Saúdos do profe...etc.
Resultou tan ben, incluso demasiado ben, xa que houbo quen "latou" clases doutras materias para adiantarse aos compañeiros na visita ás casetas da feira.
Recordei esta ocorrencia ao ler o teu fermoso conto, Agustín.
Saúdos e moitas grazas por teres entrado a saudarnos.
É un pracer e un estraño privilexio para un clube de lectura contar cos comentarios do autor escollido.

Cristina Novoa dijo...

A lectora gusta de achar semellanzas de gustos cos autores aos que le... atopar nos libros de Agustín citas de poetas que me acompañan no camiño, como Valente ou Wislawa Szymborska, é sempre una sorpresa grata, máxime cando coincidimos en versos concretos... Daquela, ves que hai lecturas comúns, unha sensibilidade común, e o autor entra a formar parte dese "círculo de intereses", desa rede social da que te sentes parte.

Anónimo dijo...

UN RADIANTE SILENCIO

Deste primero conto interesoume moito a protagonista, malia o tópico dunha muller que debe loitar masculinamente nun ambiente laboral pouco menos que hostil. Sorprendeume gratamente que no universo da cafetería/librería ou viceversa, pulularan tantos clientes varóns aparentemente dispoñibles para Sara, pero eu agardaba quizás que ela -tan executiva ela- tomara a iniciativa nos abortados primeiros lances. Iso sí que son doses de realidade. Aínda que para choque de realidade en vea quedaba o desenlace.
O final do conto, ¡qué mágoa que non triunfe o emotivo!, é perfectamente o elemento máis verosímil do relato, incluíndo a esperanza un tanto naif do libreiro.
E por certo, as referencias literarias de alguén que ronda cotidianamente polos anaqueis de libros especiais, proporcionoume un regusto máis compracente que o de Savage. Ao fin, era naquel universo estancado, alonxado das coordenadas da realidade de fóra, onde triunfaban as ilusións, anque dun xeito paralelo que non chegou a entrecruzar as vidas de Sara, a formidable executiva e o caixero (¿insignificante como pretendente para ela?) que lle cobraba cada día. Iso é tamén a literatura ¿non? Ilusión. Ou se cadra non tanta ilusión e sí algo de exorcización.

Manuela.

Anónimo dijo...

Totalmente dacordo con Fátima.De tódolos xeitos creo que as persoas non son ou somos insignificantes senón que as facemos nós ou se fan elas a través dos seus actos, opinións... Con respecto a Argos, o can, suxíreme certas reminiscencias cervantinas en El coloquio de los perros.

Anónimo dijo...

ESTA ESTRAÑA LUCIDEZ

Lendo este relato, véuseme de inmediato (e non me abandonou ata o final) a narración que en pleno velatorio fai de sí mesma e mais do seu entorno Ana María, a morta/consciente de La amortajada, da chilena Mª Luisa Bombal.
Pero este can galego ¿? por unha banda e a propia natureza do conto de Agustín Fernández confirenlle a ESTA ESTRAÑA LUCIDEZ un toque tenro que facilita a empatía de quen le, a través do distanciamiento que proporciona ese personaxe ponte entre o mundo canino e mailo humano, coa idea xacente na historia, a saber, que a morte ven ser unha fase máis desta nosa existencia, a única da que se xera coñecemento empírico.
En canto ao tema do amor, hei de apuntar que se por unha banda queda patente a gran importancia que que se lle atribúe na vida humana, polo menos na dalgúns humanos, por outro lado compénsase ou contrarréstase esta pretendida excelencia coa prosaica e espida presentación esquemática da consabida historia amorosa: inicio azaroso pero ilusionante, nudo apaixoante, e desenlace final. Así pois, preséntase a relación amorosa como unha historia (vital e literaria)finita, azarosa e bidireccional, porque da actitude do home tírase que el quedou enganchado para SEMPRE naquela espiña, mentras que a muller continúa VIVINDO con normalidade, senón quizás con alegría.
Pero claro, agora haberá que agardar a que Benedicto entre na blogue -xa o fixo o autor que é como un minideus, por que non o Papa- para que se nos aclare se estes dous, can e home, seguen xuntos ou hai no ceo, ou no inferno, algo así como canceiras.

Manuela.

Anónimo dijo...

Coido que aparte do AMOR o que queda sempre son as palabras, que ademais son un bo soporte para expresar o amor.
Tamén diría que o libro fainos lembrar moitos trazos da literatura de Fernández Paz,aínda que desta volta sexa un libro de historias digamos. máis adultas.