25/4/08

RÚA DA CENTOLA 2IO

"Unha habilidade esencial de entre as asociadas á lectura, que endexamáis se ensina a ningún lector, é a de depender o menos posible dos ollos.
Semella quizais absurda a miña proposta inicial? Pois ben, aquí propóñome demostrar que os ollos xogarán un papel bastante limitado na lectura e que a preocupación indebida polos signos impresos nunha folla de papel serve unicamente para dificultar a lectura. Un principio básico da visión é que, canto máis agarde vostede dos seus ollos, menos probabilidades ten de ver nada. Este principio resulta singularmente aplicable á lectura, onde un exceso de atención á páxina en fronte pode ter o efecto transitorio de converterlle nun cego funcional." (...)

Frank Smith, Para darlle sentido á lectura, Visor

3 comentarios:

Pacodíaz dijo...

No libro de Smith, que trata acerca dos procesos implicados na lectura desde os estudos sobre o funcionamento do cerebro, da memoria, da vista, e da comprensión, aparece este como un dos primeiros exemplos que apuntalan o fundamental da súa aportación: a comprensión precede (non é sequera simultánea e, por suposto non é posterior)aos procesos de decodificación.
Neste exemplo puntual, o título deste artículo, que probablemente teredes lido como catro palabras:
rúa - da - centola - 210
resulta que a última está escrita con letras: 2-I-O
Mais decidimos, nun rápido vistazo que o que lemos é unha dirección, e o que corresponde tras o nome é o número, e dada a similitude, traducimos.
Falamos do que o autor menciona no párrafo escollido: a importancia da información visual na lectura. E temos por outra banda o que chamaremos a información non visual, que resulta ás veces tanto ou máis importante que a anterior para ler.

Anónimo dijo...

Nunha rápida lectura isto suxíreme que, evidentemente, é máis importante a interiorización do lido que o acto físico de ler. Aínda que..., sempre debe algún soporte físico, sensitivo, que aporte os significantes, sempre debe haber unha canle que conecte os dous elementos (se non é a vista será o tacto, o oído...)
Por outra banda, entendo que están tan "educados" os nosos ollos que ás veces fannos "ler" o que eles queren. Isto, dito de maneira tan acientífica, é o que nos leva a entender mensaxes ortográficamente incorrectos (hai moitos exemplos destas especies de trompe d`oeil lingüísticas)

Pacodíaz dijo...

Estes estudos sobre o acto lector, non falan tanto da importancia da comprensión, de que sexa máis importante ou menos, senón de orde no tempo.
Revisando a actividade cerebral durante a lectura, observan que non difire sustancialmente da actividade habitual no recoñecemento visual de calquera outra situación. En suma, infiren que, para ler, utilizamos os mesmos recursos que para recoñecer outras realidades visuais: persoas, lugares, obxectos, etc.
Desto derívanse importantísimas conclusións que teñen que ver co manexo da información "que vemos" e coa información "da que dispoñemos previamente", coa negociación entre estas dúas informacións na lectura dun texto.
Por iso lemos 210 no titulo da entrada, porque non lemos realmente cada palabra, moito menos cada letra das mesmas. Máis ben, dunha somera ollada, vemos unha dirección, albiscamos un par de "rasgos distintivos" e traducimos. Igual que para recoñecer a unha persoa non temos que ir mirando un por un os rasgos do su rostro, os ollos, o nariz, etc. Ollamos, diferenciamos e - desde logo, canto máis coñecida nos é esa persoa, e cantas menos persoas a rodeen máis veloz será o noso recoñecemento.