15/4/08

Club de lectura - 2


O elemento vertebrador do club de lectores é a persoa mediadora. Indiscutiblemente, ten que ser unha persoa lectora, que estea disposta a ocupar parte do seu tempo en promover unha actividade deste tipo. Non ten por que ser un profesor das áreas de lingua, nin tampouco o responsable da biblioteca. A súa función inclúe dende a selección dos títulos para ler, a elección da mellor forma para conseguir exemplares destes títulos, a organización das sesións, a publicidade desta proposta, a oportunidade das diversas convocatorias, o control dos tempos, a moderación dos participantes e a difusión das achegas do grupo, se é o caso. Debe, ademais, facerse permeable ás opinións e preferencias dos participantes, integrando os seus gustos e propoñendo, á vez, temáticas e autores que lles permitan avanzar como lectores.

No hay comentarios: