14/4/08

Club de lectura - 1


Unha das fórmulas de maior interese para o fomento do hábito lector entre os adolescentes é o club de lectura, porque inclúe varias das condicións precisas para motivar os lectores e lectoras destas idades: a posibilidade de comunicación cos seus iguais e a oportunidade de compartir gustos, inquedanzas, significados, opinións, emocións e descubrimentos sobre as súas lecturas.
Formar un club de lectores na biblioteca consiste, basicamente, en atraer un grupo de rapaces e rapazas que desexen compartir as súas experiencias lectoras, coa mediación dun adulto que conduza todo o proceso. O espazo natural para o club de lectores será a biblioteca escolar, e os tempos axeitados para a súa celebración dependen das posibilidades de cada grupo (recreos, tempos non lectivos). O número de integrantes non debe ser excesivo: entre cinco e quince lectores, como máximo.

3 comentarios:

A Biblioteca do Colmeiro dijo...

Cando no noso centro empezamos cos clubs de lectura, non sabía moi ben o que ía suceder. Era a primeira vez que nos embarcabamos nesta aventura e, aínda que esperaba bos resultados, tiña certo medo a que a acollida non fose boa ou a que a xente non se implicase. Hoxe, meses despois, e cunha certa experiencia, teño que dicir que animo a todo o mundo a que leve a cabo este traballo porque compensa e resulta gratificante. Todos aprendemos, profesores e alumnos, intercambiamos opinións, relacionamos o libro con outros temas, outras lecturas, películas...É certo que no grupo de 2º de bacharelato tivemos problemas de calendario e algunha vez custou traballo elixir a obra, pero,aínda así, se alguén quere crear un foro no que a xente opine e se anime a ler esta é unha boa idea.

Anónimo dijo...

pablosalinas:¿y qué ocurre cuando los profesores no tenemos experiencia previa de un club de estas características? Podría ser interesante formar un club entre iguales -con miembros del claustro- para luego invitar a nuestros chavales. No somos creíbles cuando hablamos de lo q no vivimos...

Cristina Novoa dijo...

Efectivamente, ao principio dá un pouco de "medo escénico"... pero tendo claros un pouco os obxectivos y asumindo o papel de mediador máis que de "director"; coñecendo o libro sobre o que se vai falar (esto sobre todo) asumindo que o importante é que os e as participantes se sintan "seguros", cómodos, para falar do que lles suxeríu a lectura, do que lles fixo lembrar, do que aprenderon, do que sentiron, do que pensaron.... Facilitando que falen e estimulando a súa participación, sen forzar, cando o "clima" decaia... é máis unha cuestión de dinámica de grupos que de outra cousa. E hai que perderlle o medo. Todos o fixemos algunha vez por primeira vez. E dunha sesión vas aprendendo para outra. O mellor é ir a modo, favorecer que sexao propio grupo o que vaia dándolle forma, estando nós detrás sempre... Se nós cremos que esa "conversa sobre libros" pode ser interesante para nós e para eles, seguro que conseguimos o sexa. De todos modos, efectivamente, é bo facerse unha especie de guión "interno" sobre a marcha da sesión, as primeiras veces, para que a cousa non se nos desparrame. E explicitar a finalidade deste tipo de actividades aos rapaces...