Un texto dixital posibilita a lectura discontinua. É moi frecuente que os textos dixitais incorporen un recurso chamado "ligazón" ou hiperenlace, que consiste en que unha determinada parte do texto (unha palabra, unha frase, unha imaxe, etc) é unha porta que se abre.
Convén que te afagas á técnica de crear
vencellos nos textos dixitais. É moi doado. Consiste en seguir estes dous sinxelos pasos:
1) Selecciona a parte do texto que queres transformar nunha ligazón.
2) Preme - no menú superior - na palabra enlace (ou na icona con forma de cadea ou lazo). Abrirase unha ventana onde debes escribir a dirección web (URL) á que queres dirixir ese enlace*.
* Quizais, para que che sexa máis doado, podes ter copiado previamente esta URL para así poder pegala e non cometer erros.
E xa está. Traballo feito.
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada