2/6/10

" TEMPO DE PRACER PARA A LECTURA, POR FAVOR "

Boas, con esta imaxe de Mafalda, reinvindico dende aquí o dereito a "ter un tempo para ler", pero un tempo no que poidamos dedicarllo á lectura polo pracer de ler e no que poidamos descubrir qué se esconde no libro que acabamos de coller nas nosas mans, no xornal que imos revisar... Pero que non sexa unha imposición de ninguén por favor!
Bea

2 comentarios:

Pacodíaz dijo...

Suscribo plenamente esa reivindicación. Nos coles e institutos (en moitos deles) están a poñer en marcha ese tempo; chámanlle "hora de ler" e cando o artellan ben seica funciona maravillosamente. Ás veces disque se crea unha sensación máxica, de silencio, de calma, de introspección realmente apreciable.
Será cousa de probar!
Grazas Bea polo teu traballo.

fartura dijo...

Eu tamén o suscribo mais en relación ó da hora de ler da que falas, tamén vin moita perversión: profes que lle rouban tempo á actividade, outros que obrigan a ler a aqueles nenos que non lles gusta no canto de estimulalos, co cal se convirte nunha actividade como as outras, no canto de algo "máxico"...