9/5/09

Anda! un agasallo, e de moi lonxe!


Menuda sorpresa marabillosa levei! Déronnos un premio! E ademáis foi dunha biblioteca escolar! De quen podería ser mellor recibir un premio! Mellor que dun deses santuarios da imaxinación e da cultura agochados nos coles!
Moitas, moitas grazas! É unha grande ilusión saber que o noso blogue pode gustarvos e - por riba de todo - servirvos de algunha axuda.
Así pois, seguiremos as normas que conleva este agasallo fenomenal, que son as seguintes:
1º Exhibir a imaxe do premio
2º Poñer o nome do blog que nolo concedeu
3º Nominar a 10 blogues preferidos
4º Avisar a estes 10 blogues
5º Publicar as reglas
6º Comprobar que os blogues sigan estas regras

Polo tanto, quedanos por nomear aos nosos blogues "maneiros". Pois serán os seguintes:

http://engalego.blogspot.com
http://casadetolos.nireblog.com/
http;//cadernodelingua.wordpress.com
http://sereassencadeas.blogspot.com/
http://bitacoracooperativa.blogspot.com
http://www.blogoteca.com/orecantodemik
http://bibliolaxe.blogspot.com
http://bemilladoiro.blogspot.com
http://englishsantome.blogspot.com
http://bibliomalveiras.blogspot.com


Outra vez un cariño para unha biblioteca chea de tesouros que nos honrou coa súa visita. É a bitácora do colexio de Esteiro, en Ferrol. Agardamos seguir tendo novas do voso traballo.

6 comentarios:

MIK dijo...

Moitísimas gracias!! Encántanos ser un blog MANEIRO.
Unha aperta

olga dijo...

Esro ven sendo un blog "xeitosiño". ¡Encántanos que nos consideredes así!Os aloumiños de quenes percorren o mesmo camiño que nós, gústannos especialmente.
Non o imos publicar...¡porque xa sería o quinto! e parece unha falta de modestia. Pero daremos conta deste biquiño fraternal que tanto estimula e fortalece...nos tempos que comezan a correr.
GRAZAS

A Pescadora de Historias dijo...

Ola!!
A Pescadora de Historias, dende a súa biblioteca chea de tesouros comparte esta alegría!; a dicir verdade, incluso pensamos que podería importunaros polo traballo que conleva o premio.
Moitos biquiños e sabede que sempre andaremos por aquí á percura de boas ideas.

Tolinha dijo...

Moitismas grazas!
É unha honra recibir este premio das vosas mans.
Bicos

Tolinha dijo...

Moitismas grazas!
É unha honra recibir este premio das vosas mans.
Bicos

English blog of San Tomé School dijo...

Moitas gracias. É unha honra para unha principianta coma min recibir un premio deste tipo. Unha aperta.