Mostrando entradas con la etiqueta competencia lectora. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta competencia lectora. Mostrar todas las entradas

20/5/11

Competencia comunicativa

Máis que lingüística, plurilingüe; máis que verbal, tamén non verbal
A competencia comunicativa atinxe a aspectos múltiples: á escoita, á fala, á escrita e tamén á lectura, ao diálogo, á convivencia, á construción do pensamento, á regulación das emocións, do comportamento persoal e tamén social; é o vehículo da aprendizaxe, da transmisión cultural.
Como non vai ser unha das oito competencias básicas. É A competencia Básica!
Tratamos máis polo miúdo esta competencia nun blog que chamamos TILgalicia (TIL son as siglas que corresponden ao Tratamento Integrado das Linguas). Visítao; ademáis de múltiples cuestións de interese arredor deste asunto poderás consultar o MCER (Marco Común Europeo de Referencia) para as linguas e múltiples documentos acerca de metodoloxías que favorecen a competencia comunicativa. Tamén verás ligazóns a bitácoras de relevancia neste eido educativo tan actual.
Agardo que atopes referencias interesantes. E - por certo - gustarei de saber da túa opinión e recomendacións para enriquecer o contido deste blog.

3/3/09

Como medir a comprensión lectora

Sabemos que a competencia lectora comprende variadas e múltiples capacidades que van moito máis aló da propia capacidade de decodificar os signos escritos nun papel.
Cando deseñamos probas para medir a competencia lectora, a comprensión, ás veces quedámonos cunha medida mínima do que pretendemos medir.
Aínda que sempre quedaremos escasos, hai algunhas medidas que poderiamos tomar para deseñar probas algo máis completas.
Medir a comprensión lectora, que difícil tarefa.

15/5/08

Claves para gañar lectoras e lectores

Onte foi unha sesión, para quen esto escribe, de moito interese. Agardo que fose tamén grata para o resto dos participantes. Grazas a todas e todos. Como a segunda parte foi un pouco ás presas... poño aquí o esquema que seguimos... e animo a facer comentarios sobre o tratado... para avanzar entre todos.



Presentación correspondente á sesión do 14/05/08 no curso "Ler e escribir. Escribir para ler", celebrado en Pontevedra.


SlideShare Link


7/5/08

Sobre "itinerarios lectores"


Uns dos instrumentos dos que nos podemos valer para traballar a competencia lectora e a competencia literaria do alumnado, e que constitúen un dos aspectos a coidar no deseño e desenvolvemento do Proxecto Lector de Centro, son os itinerarios lectores:
Ao meu entender, estas serían as súas claves:
  • Son seleccións de títulos axeitados para cada nivel de idade, escollidos con criterios de calidade e en función de obxectivos recollidos no Proxecto Lector de Centro.
  • O itinerario lector debe favorecer a adquisición da competencia lectora do alumnado.
  • Son os libros “que non queremos que se perda o noso alumnado”.
  • O listado debe ser aberto e flexible, revisable, para acoller novidades de interese e lecturas “xeracionais” , ao tempo que retirar títulos que non funcionan.